Esta é unha revisión antiga do documento!
Manuel Casal Lodeiro, alias Casdeiro, (Barakaldo, 1970) leva desde comezos da década de 1990 participando e promovendo diversos proxectos activistas no terreo cultural, social e político, nomeadamente no ámbito de Internet no que é especialista. Foi un dos fundadores de Democracia Directa Digital (D3) e da asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo. Nos últimos anos vén dedicando un especial esforzo á difusión do choque da civilización industrial contra os límites biofísicos do planeta así como das vías de resposta social que cómpre darmos diante das mudanzas históricas ás que este choque nos enfronta. Ten participado en 'Decrecimientos. Lo que hay que cambiar en la vida cotidiana' (2010), '15-M. O pobo indignado' (2011) e 'O fim do petróleo' (2014), coordinado a 'Guía para o descenso enerxético' (2013), e publicado 'Nosotros, los detritívoros' (2014). Foi un dos promotores en 2014 do manifesto antineokeynesianista 'Derradeira chamada' (2014) e desde finais de 2014 coordina 15/15\15 - Revista para unha nova civilización. Máis, en http://www.casdeiro.info