A_esquerda_ante_o_colapso_da_civilización_industrial

InicioContidosAutorPrólogoGrazasReseñasBibliografíaAnexosCitasPresentaciónsContactoConségueo

Translations of this page:

Edición en castelán do libro

A edición traducida ao castelán (La Oveja Roja, 2016) está dispoñible desde setembro de 2016 en numerosas librarías do Estado Español, nalgunhas de países americanos e tamén online.

Edición en galego do libro

Crowdfunding para unha 2ª edición

Unha vez esgotada a 1ª edición (agás exemplares que lles queden ás librarías que apoiaran a 1ª edición), decidiuse abrir a posibilidade de conseguir máis exemplares participando nun novo proceso de microfinanciamento popular que fixese posible unha 2ª edición, prevista para o mes de de marzo de 2016. Este crowdfunding estivo activo desde o 29 de xaneiro até o 29 de febreiro 9 de marzo de 2016, mais rematou sen éxito. Polo tanto as únicas maneiras de conseguir o libro na actualidade son:

  • Preguntar nas librarías da nosa listaxe para ver se aínda lles queda algún exemplar da 1ª edición.
  • Escribindo a esquerda@colapso.info solicitando algún dos exemplares con algunha tara de imprenta que aínda temos, a un prezo rebaixado de 12€.
  • Mercado un exemplar da edición en castelán.

Debido a que despois de ¡8 meses! a editorial que se ía facer cargo da súa publicación seguía sen dar probas de estar traballando realmente para sacar á luz A Esquerda ante o colapso da civilización industrial, o autor optou por facerse cargo directamente dunha edición de urxencia —mantendo a máxima calidade— para que o libro non se demorase máis. Así, o día 23 de novembro de 2015 comezou unha campaña de preencargo do libro, a xeito de crowdfunding, que rematou o día 21 de decembro, cando se comezou a ofrecer o libro xa nas librarías. É dicir, o libro íase editar con toda seguridade, pero para financiar a súa edición, os coeditores (Asociación Touda e Asociación Véspera de Nada) solicitaron que se fixese o pagamento antecipado de exemplares, que estarían en mans das persoas, organizacións e librarías que apoiasen, na 1ª semana de decembro de 2015, xusto antes da campaña electoral para as eleccións xerais nas últimas semanas de decembro de 2015.

As posibilidades de apoiar a edición do libro eran as seguintes:

  • 12 euros: 1 exemplar do libro.
  • 22 euros: 1 exemplar + libro a elixir entre Guía para o descenso enerxético (Véspera de Nada) ou El Oráculo de Gaia (Érawan Aerlín).
  • 24 euros: 2 exemplares do libro.
  • 44 euros: 4 exemplares. Opción especial para librarías (cada libro sáelles a un custo de 11 euros, sobre un PVP de 18). Ademais as librarías que teñen o libro á venda son listadas neste wiki, para que calquera persoa interesada saiba onde o mercar.
  • 80 euros: 5 exemplares, 1 deles adicado gráfica e persoalmente polo autor mediante un debuxo orixinal e diferente para cada comprador(a).
  • 150 euros: 10 exemplares, 1 deles adicado gráfica e persoalmente polo autor mediante un debuxo orixinal e diferente para cada comprador(a).
  • Outras que nos propuxeron as persoas interesadas.

Calquera persoa ou organización interesada en adquirir de maneira antecipada (a prezo especial) exemplares, debía escribir para esquerda@colapso.info antes de finalizado o mes de novembro antes do 20 de decembro, para recibiren instrucións acerca do pagamento e dar un enderezo postal de envío (os custos están incluídos nas achegas económicas devanditas).

O PVP final do libro desde o día que comezou estar dispoñible nas librarías (21/12/2015) ou por venda directa, é de 18,00 €. Se che interesa conseguilo e non tes ningunha desas librarías preto, podes pedírnolo por email a esquerda@colapso.info.

Recoñecemento do apoio

O autor e as asociacións coeditoras agradecen enormemente a todas as persoas, organizacións e librarías que realizaron estes preencargos, porque foron elas as que fixeron posible que este libro, longamente esperado, vise por fin a luz.

O autor tamén quere agradecer a Véspera de Nada e Touda que saíran en rescate deste libro cando nos fallou a editorial que se comprometera a sacalo e a todas as persoas que o animaron a continuar co proxecto malia todas as dificultades, especialmente a Teresa Moure, a súa prologuista.

Debido á premura do proceso de maquetación non se puido asegurar a presenza de todos os nomes das persoas e librarías que apoiasen a edición no libro impreso, e polo tanto van recoñecidos exclusivamente na seguinte listaxe (:!: pendente de completar), por orde aproximada de confirmación do seu apoio:

  • Centro para a resiliencia Pousadoira.
  • Jordi Solé.
  • Antonio Turiel.
  • Moisés Rubio Rosendo e Marcos Rivero Cuadrado.
  • Libraría O Tinteiro (O Milladoiro).
  • Olga Romasanta.
  • Iolanda Mato e Joám Evans.
  • Fernando Marcelín.
  • Adrián AC.
  • Maria Osório López.
  • Antía Barba Mariño.
  • Roberto Conde Suárez.
  • Rubén Constenla Vilar.
  • Henrique Lijó.
  • Libraría Andel (Vigo).
  • Libraría Suévia (A Corunha).
  • Bilal Paladini San Martín.
  • Miguel Anxo Abraira Sobrado.
  • José Ramom Flores das Seixas.
  • Libraría Aira das letras (Allariz).
  • M!randa, cultura para levar (Compostela).
  • Libraría Encontros (Compostela).
  • Libraría Trama (Lugo).
  • Raquel F.R.
  • Sito Costa.
  • Álex López.
  • Víctor Manuel Lorenzo Fernández.
  • Ahmed ibn Yusuf Al Qistilani.
  • Lola García.
  • Paco de Alante.
  • Francisco Martínez.
  • Héctor Vizoso Durán.
  • Xabier Vázquez Pumariño.
  • Afonso Riscos.
  • Central Librera (R/ Dolores, Ferrol).
  • Rosalía Pazo Maside.
  • Eva Ramos & Xabier Costas.
  • Roberto Rivas España.
  • Libraría Pedreira (Compostela).
  • Juan Rodríguez Silvar.
  • Hargun Singh.
  • Crego.
  • Constantino Rábade Castiñeira.
  • Xosé Manuel Meijome Sánchez.
  • Luis Valcarce.
  • Pepe Campana.
  • Masús.
  • Mauri Méndez (Max Rokata).
  • Ana de Vilatuxe.
  • Chafarica de Barbadelo.
  • O Rucho.
  • Eliseo Fernández.
  • Unión Libertaria.
  • O funambulista coxo.
  • Adrião Morão.
  • Carlos GV.
  • Iván Rodríguez.
  • Ricardo Cabanelas.
  • Libraría Paz (Pontevedra).
  • Libraría Bahía (Foz).
  • Librarías Nobel.
  • Quico Cadaval.
  • Patricia Loures Taracido.
  • Carmen Duce Diaz.
  • Grupo de Reflexión para la Autonomía.
  • (…)