A_esquerda_ante_o_colapso_da_civilización_industrial

InicioContidosAutorPrólogoGrazasReseñasBibliografíaAnexosCitasPresentaciónsContactoConségueo

Diferenzas

Isto amosa as diferenzas entre a revisión seleccionada e a versión actual da páxina.

Enlazar a esta vista de comparación

Both sides previous revisionPrevious revision
Next revision
Previous revision
citas [2017/01/07 17:29] – [Citas en modo texto] casdeirocitas [2017/01/15 17:42] (actual) – [Citas extraídas da edición orixinal en galego] casdeiro
Liña 1: Liña 1:
 +~~TRANS~~
 ====== Citas extraídas da edición orixinal en galego ====== ====== Citas extraídas da edición orixinal en galego ======
  
 ===== Citas en modo texto ===== ===== Citas en modo texto =====
  
-> Caeron as máscaras, a falsa concordia do Estado do Benestar e da suposta compatibilidade entre democracia e capitalismo, e así é que da metáfora da marea que levanta todos os barcos pasamos a experimentar un tsunami que esnaquiza os máis débiles contra os muros dunha biosfera que se descubre de súbito limitada, mentres os poderosos fuxen en submarino cara a un mundo de dominación postcapitalista que se prepara sobre as ruínas do crecemento exponencial.+> Caeron as máscaras, a falsa concordia do Estado do Benestar e da suposta compatibilidade entre democracia e capitalismo, e así é que da metáfora da marea que levanta todos os barcos pasamos a experimentar un tsunami que esnaquiza os máis débiles contra os muros dunha biosfera que se descubre de súbito limitada, mentres os poderosos fuxen en submarino cara a un mundo de dominación postcapitalista que se prepara sobre as ruínas do crecemento exponencial. (Manuel Casal Lodeiro, //A esquerda ante o colapso da civilización industrial//)
  
 ---- ----
  
-> O miolo da miña crítica, como a doutros autores que irei citando ao longo do libro, é o feito de a esquerda estar a fallar estrepitosamente na comprensión da natureza e características do intre histórico no que estamos, da Crise Terminal que comezamos a padecer a principios deste século e que vai supor a fin, non só do modelo socio-económico-político capitalista, senón da civilización industrial no seu conxunto. +> O miolo da miña crítica, como a doutros autores que irei citando ao longo do libro, é o feito de a esquerda estar a fallar estrepitosamente na comprensión da natureza e características do intre histórico no que estamos, da Crise Terminal que comezamos a padecer a principios deste século e que vai supor a fin, non só do modelo socio-económico-político capitalista, senón da civilización industrial no seu conxunto. (Manuel Casal Lodeiro, //A esquerda ante o colapso da civilización industrial//)
  
 ---- ----
  
-> A base das ferramentas teóricas que empregan maioritariamente as esquerdas non deixa de ser a obra duns autores que xorden precisamente coa aparición da civilización industrial, e que polo tanto deixa de ser aplicable en boa medida co devalar desta. Velaí a raíz do grave problema que pretendo analizar neste ensaio. +> A base das ferramentas teóricas que empregan maioritariamente as esquerdas non deixa de ser a obra duns autores que xorden precisamente coa aparición da civilización industrial, e que polo tanto deixa de ser aplicable en boa medida co devalar desta. Velaí a raíz do grave problema que pretendo analizar neste ensaio. (Manuel Casal Lodeiro, //A esquerda ante o colapso da civilización industrial//)
  
 ---- ----
  
-> A enerxía neta per cápita está directamente vinculada co nivel/calidade de vida, e polo tanto cos obxectivos de mellora material da condición humana que veñen formulando historicamente as esquerdas. A perda dese nivel enerxético de vida terá repercusións psicosociais dun alcance imprevisible que poden mesmo levar á desintegración das nosas sociedades. +> A enerxía neta per cápita está directamente vinculada co nivel/calidade de vida, e polo tanto cos obxectivos de mellora material da condición humana que veñen formulando historicamente as esquerdas. A perda dese nivel enerxético de vida terá repercusións psicosociais dun alcance imprevisible que poden mesmo levar á desintegración das nosas sociedades. (Manuel Casal Lodeiro, //A esquerda ante o colapso da civilización industrial//)
  
 ---- ----
  
-> Que futuro cabe esperar na esquerda a partir da morte do Estado de Benestar e co colapso que acarreará a vertixinosa queda na enerxía neta dispoñible a nivel mundial derivada do rápido esgotamento das fontes enerxéticas fósiles de alta Taxa de Retorno Enerxético? +> Que futuro cabe esperar na esquerda a partir da morte do Estado de Benestar e co colapso que acarreará a vertixinosa queda na enerxía neta dispoñible a nivel mundial derivada do rápido esgotamento das fontes enerxéticas fósiles de alta Taxa de Retorno Enerxético? (Manuel Casal Lodeiro, //A esquerda ante o colapso da civilización industrial//)
  
 ---- ----
  
-> É este carácter difuso e incompleto da percepción do problema civilizatorio que se agocha tras dos aspectos máis doadamente perceptibles da crise, o que facilita que se pense na continuidade da validez das teorías convencionais na esquerda, que alenta que se formulen cousas coma un keynesianismo verde ou un Green New Deal, fomentadas pola maioría da intelectualidade e do mundo académico de esquerdas. +> É este carácter difuso e incompleto da percepción do problema civilizatorio que se agocha tras dos aspectos máis doadamente perceptibles da crise, o que facilita que se pense na continuidade da validez das teorías convencionais na esquerda, que alenta que se formulen cousas coma un keynesianismo verde ou un Green New Deal, fomentadas pola maioría da intelectualidade e do mundo académico de esquerdas. (Manuel Casal Lodeiro, //A esquerda ante o colapso da civilización industrial//)
  
 ---- ----
  
-> Entrementres, nós andamos a rifar no interior dos edificios por ver cal debería ser o plano que se utilizase para a construción do seguinte andar deste ou daquel outro predio ou para ver como mellor reformarmos os seus habitáculos, sen sermos conscientes de que a construción enteira, xunto coa cidade na que se asenta, está a afundir sen remedio e ameaza con enterrar baixo un monte de cascallos os nosos planos e a todos nós con eles.+> Entrementres, nós andamos a rifar no interior dos edificios por ver cal debería ser o plano que se utilizase para a construción do seguinte andar deste ou daquel outro predio ou para ver como mellor reformarmos os seus habitáculos, sen sermos conscientes de que a construción enteira, xunto coa cidade na que se asenta, está a afundir sen remedio e ameaza con enterrar baixo un monte de cascallos os nosos planos e a todos nós con eles. (Manuel Casal Lodeiro, //A esquerda ante o colapso da civilización industrial//)
  
 ---- ----
  
-> Achámonos nunha situación de inédita gravidade pois malia estarmos a vivir unha situación crítica e sen precedentes (...) nas bases (...) que marcan os límites da nosa existencia como especie neste planeta, non se están a ter en conta  nin as súas consecuencias nin a súa mera existencia dentro do pensamento político maioritario, nomeadamente na  esquerda, que é onde moitos depositamos as nosas esperanzas de transformación social.+> Achámonos nunha situación de inédita gravidade pois malia estarmos a vivir unha situación crítica e sen precedentes (...) nas bases (...) que marcan os límites da nosa existencia como especie neste planeta, non se están a ter en conta  nin as súas consecuencias nin a súa mera existencia dentro do pensamento político maioritario, nomeadamente na  esquerda, que é onde moitos depositamos as nosas esperanzas de transformación social. (Manuel Casal Lodeiro, //A esquerda ante o colapso da civilización industrial//)
  
 ---- ----
  
-> A esquerda segue a dar por suposto que os aparatos do chamado Estado de Benestar (sanidade pública, servizos públicos, servizos e axudas sociais diversos, etc.) van poder seguir sendo viables indefinidamente, cando en realidade son directa ou indirectamente dependentes dun descomunal fluxo enerxético de orixe fósil para soster a súa complexidade e loitar contra a súa degradación entrópica. E non só iso, senón que, aínda por riba, dependen financeiramente duns ingresos estatais estables a través dos impostos, que á súa vez están en función do grau de crecemento do conxunto da actividade económica no país.+> A esquerda segue a dar por suposto que os aparatos do chamado Estado de Benestar (sanidade pública, servizos públicos, servizos e axudas sociais diversos, etc.) van poder seguir sendo viables indefinidamente, cando en realidade son directa ou indirectamente dependentes dun descomunal fluxo enerxético de orixe fósil para soster a súa complexidade e loitar contra a súa degradación entrópica. E non só iso, senón que, aínda por riba, dependen financeiramente duns ingresos estatais estables a través dos impostos, que á súa vez están en función do grau de crecemento do conxunto da actividade económica no país. (Manuel Casal Lodeiro, //A esquerda ante o colapso da civilización industrial//)
  
 ---- ----
  
 > Outro erro conceptual do que debe liberarse a esquerda é a identificación entre o instrumento emprego e o fin derradeiro deste: unha vida digna e a satisfaccións das necesidades humanas. (...) No contexto desta fin da industrialización o dereito ao traballo debería ser repensado, relativizado e substituido polos dereitos irrenunciables a termos cubertas esas necesidades reais, físicas (materiais) e psicolóxicas. En consecuencia, debería abrirse a esquerda a considerar outras maneiras de vivir que non dependan do traballo asalariado e que sexan máis resilientes (...) > Outro erro conceptual do que debe liberarse a esquerda é a identificación entre o instrumento emprego e o fin derradeiro deste: unha vida digna e a satisfaccións das necesidades humanas. (...) No contexto desta fin da industrialización o dereito ao traballo debería ser repensado, relativizado e substituido polos dereitos irrenunciables a termos cubertas esas necesidades reais, físicas (materiais) e psicolóxicas. En consecuencia, debería abrirse a esquerda a considerar outras maneiras de vivir que non dependan do traballo asalariado e que sexan máis resilientes (...)
 +
 > No modelo actual, a defensa do emprego leva perigosamente asociada a defensa do crecemento a ultranza (...) deste xeito, o pensamento produtivista de esquerdas plasmouse históricamente nun ríxido discurso obreirista que considera que para ser de esquerdas hai que defender sen fisuras calquera posto de traballo sen ter en conta as repercusións da industria sobre o medioambiente, a explotación doutros seres humanos ou a súa sustentabilidade enerxética (...) > No modelo actual, a defensa do emprego leva perigosamente asociada a defensa do crecemento a ultranza (...) deste xeito, o pensamento produtivista de esquerdas plasmouse históricamente nun ríxido discurso obreirista que considera que para ser de esquerdas hai que defender sen fisuras calquera posto de traballo sen ter en conta as repercusións da industria sobre o medioambiente, a explotación doutros seres humanos ou a súa sustentabilidade enerxética (...)
 +
 > Temos que nos decatar de que o traballo asalariado e máis a hiperespecialización actual das actividades laborais non son senón o froito da industrialización, e esta, a súa ve, da enorme dispoñibilidade enerxética que nos veu fornecendo a enerxía fósil. Ao devalar esta irreversiblemente, debemos comezar a pór en tea de xuízo a continuidade de moitas cousas que dábamos por sentadas (...) > Temos que nos decatar de que o traballo asalariado e máis a hiperespecialización actual das actividades laborais non son senón o froito da industrialización, e esta, a súa ve, da enorme dispoñibilidade enerxética que nos veu fornecendo a enerxía fósil. Ao devalar esta irreversiblemente, debemos comezar a pór en tea de xuízo a continuidade de moitas cousas que dábamos por sentadas (...)
 +
 > Isto implica pensar que existen outras maneira de que cada persoa teña satisfeitas as súas necesidades, sen pasar obrigadamente pola ferramenta do traballo e a mediación do diñeiro (...) Só iso sería un enorme paso para nos achegar ás visións do ecoloxismo social, punto de encontro entre a xustiza social e a realidade física do necesario coidado da biosfera da que facemos parte > Isto implica pensar que existen outras maneira de que cada persoa teña satisfeitas as súas necesidades, sen pasar obrigadamente pola ferramenta do traballo e a mediación do diñeiro (...) Só iso sería un enorme paso para nos achegar ás visións do ecoloxismo social, punto de encontro entre a xustiza social e a realidade física do necesario coidado da biosfera da que facemos parte
 +>  (Manuel Casal Lodeiro, //A esquerda ante o colapso da civilización industrial//)
 ===== Citas en modo gráfico ===== ===== Citas en modo gráfico =====