A_esquerda_ante_o_colapso_da_civilización_industrial

InicioContidosAutorPrólogoGrazasReseñasBibliografíaAnexosCitasPresentaciónsContactoConségueo

Translations of this page:

«A esquerda ante o colapso da civilización industrial. Apuntamentos para un debate urxente»

Presentación

A esquerda ante o colapso da civilización industrial é un ensaio escrito por Manuel Casal Lodeiro no que reflexiona sobre a resposta das esquerdas políticas ante o colapso da civilización industrial derivado do devalar da enerxía fósil que a viña sostendo.

Sinopse

Capa da edición en galegoTras ter coordinado a exitosa Guía para o descenso enerxético: preparando unha Galiza pospetróleo, Manuel Casal Lodeiro, membro fundador da asociación Véspera de Nada, aborda nesta ocasión o aspecto político da transición urxente a un mundo pospetróleo. Cun enfoque especial nas forzas políticas galegas, pero ollando tamén a outros ámbitos achegados onde teñen xordido ultimamente esperanzas dunha mudanza política (Podemos, Syriza), Casdeiro repasa os atrancos da esquerda para asumir a situación de choque civilizatorio contra os límites biofísicos do planeta e cómo fica descolocada perante a perda de referentes sagrados como o protagonismo da clase obreira ou o mito do progreso material imparable da Humanidade. Este ensaio tamén olla para algunhas das propostas máis interesantes que dentro da esquerda xordiron cunha perspectiva máis coherente da situación de colapso: o Decrecemento, o Ecofeminismo, a Revolución Integral… e tenta debuxar os posibles escenarios estratéxicos cos que debería xogar unha esquerda consciente do rumo de colapso civilizatorio. Un libro imprescindible para as persoas que militan en organizacións de esquerda, mais tamén para todas aquelas que depositan o seu apoio e esperanza de cambio en forzas de esquerda novas ou tradicionais, e mesmo para as que, desde posicións libertarias, optan por construíren a nova civilización poscapitalista desde abaixo e contra o Estado. En palabras da súa prologuista, Teresa Moure, é este un libro “provocador”, “didático” e “ameno” que procura facer “acordar as consciências dormidas” para abrir un debate urxentemente necesario.

(Ver máis reseñas e opinións acerca do libro.)

Texto de contracapa da edición en castelán

Portada de la edición en castellano ¿Crecimiento? ¿Pleno empleo? ¿Estado del Bienestar? ¿Desarrollo sostenible? Este ensayo defiende que las pretensiones de las izquierdas políticas y sociales mayoritarias son inviables en un contexto de irremediable colapso civilizatorio. La cuestión energética no dará tregua a nuestra civilización. Y sólo unos pocos movimientos, aún muy minoritarios, han tomado plena consciencia de ese rumbo suicida del que nos viene alertando la ciencia cada vez con más urgencia. El colapso puede ser catastrófico y queda muy poco tiempo para evitarlo.

Esta obra quiere representar una llamada urgente para la conversión de las izquierdas en fuerzas que contribuyan a alcanzar un desenlace alternativo al brusco declive que se nos presenta. En una fuerza capaz de defender un nuevo modelo de civilización: mucho más simple, mucho más local y mucho más justo.

Historia do libro

Licencia

Os contidos do libro teñen unha licencia de tipo Creative Commons - recoñecemento - non comercial - compartir igual.

Outros datos

Edición en galego (2015)

  • Título: A esquerda ante o colapso da civilización industrial. Apuntamentos para un debate urxente.
  • ISBN: 978-84-608-4496-9.
  • PVP: 18,00 €.
  • Encadernación: Rústica con lapelas.
  • Tamaño: 22 x 15,5 cm.
  • Páxinas: 268.
  • :!: Edición esgotada.

Edición en castelán (2016)

  • Título: La izquierda ante el colapso de la civilización industrial. Apuntes para un debate urgente.
  • Edita: La Oveja Roja.
  • ISBN: 978-84-16227-13-6.
  • PVP: 19,00 €.
  • Encadernación: Rústica con lapelas.
  • Tamaño: 21,5 x 13,8 cm.
  • Páxinas: 364.

Deseños

A capa definitiva do libro (en galego) é obra de Martiño Picallo sobre unha idea de Manuel Casal. Despois foi adaptada por La Oveja Roja para a súa publicación en castelán (2016):

Deseño de Martiño Picallo (Luscofusco) Portada da edición en castelán

Estas son algunhas propostas anteriores de deseños para a capa da edición en galego:

Deseños de Antía Barba

Deseño de Casdeiro Deseño de Sara Plaza Deseño de Casdeiro